top of page
ARQUIVO DO CIRCO GALEGO
12_FONDO__Mesa de trabajo 1.jpg

Videoteca do Circo Galego

A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), en colaboración coa Deputación de Coruña, levou a cabo en 2023 un proxecto de dixitalización que abarca numerosas horas de gravacións de eventos circenses na rexión, en 2024, coa axuda da AGADIC, estamos no proceso de indexado e posta  disposición do material. Este esforzo documenta de maneira exhaustiva a chegada e desenvolvemento do Novo Circo en Galicia, incluíndo eventos emblemáticos como as Festas do Circo da Sala Nasa.

O Novo Circo, co seu enfoque innovador e contemporáneo, foi un fenómeno cultural significativo en Galicia e en todo o mundo. A dixitalización destas gravacións é de suma importancia para a conservación da memoria cultural da rexión. Documentan non só as actuacións en si, senón tamén o contexto cultural, social e artístico no que se desenvolveron. Isto proporciona unha valiosa visión da historia do circo en Galicia e a súa evolución ao longo do tempo.

Agora, investigadores, académicos, artistas e entusiastas do circo poden estudar e gozar destas actuacións sen ter que depender de formatos físicos que poden deteriorarse co tempo. Isto axuda a destacar o talento dos artistas circenses galegos e a fomentar un maior interese no circo como forma de expresión artística.

Logo_AGADIC_AZUL.jpg
Manu Lago - "El Jorobado". VII Festa do Circo na Sala Nasa (2006)

Este vídeo gravado na Sala Nasa en 2006 mostra a Manu Lago, tamén coñecido como Manu Malabaranda, realizando o seu número "El Jorobado", que combina comedia e malabares, como parte da VII Festa do Circo.

Manu Lago, falecido en 2018, foi un destacado artista de circo galego. A súa traxectoria comezou como pallaso e malabarista en espectáculos de rúa en Galicia mentres estudaba na Universidade. En 2003, trasladouse ao Reino Unido para estudar circo na Universidade de Kent, onde se graduó en 2006.

 

Manu Lago foi un dos membros fundadores de Pistacatro e de Circonove, participando en destacadas producións de circo e no mundo asociativo circense.

Xª Festa do Circo (completa). Sala Nasa, 2009.

A décima e derradeira Festa do Circo foi unha sorte de aniversario e de despedida. A temática era a propia Festa do Circo, que chegaba ao seu fin aínda que prometía volver. Fíxose unha escolma de números antolóxicos, recuperáronse elementos escenográficos doutras festas, reutilizáronse videos e personaxes, fixeron a súa aparición as Pantasmas dos Presentadores das Festas Pasadas, e coma sempre, houbo música, sketches, videos, cabaret e moito circo.

Podemos ver o espectáculo completo de tres horas grabado dende algunha das cámaras, algún dos tres días indeterminado, e a maiores, ao final, un engadido doutra cámara e de outro día. Falta aquí o video de inicio, locutado por Carlos Santiago, no que se facía un repaso histórico dos 10 anos anteriores e se lanzaban predicións agoreiras dos seguintes acontecementos, que realmente sucederon.

Vª Festa do Circo, Freak Show, Sala Nasa, 2004, Número de Manu Lago

Outro número clásico de Manu Lago na Vª Festa do Circo, un ser mutante e desquiciado que sae das alcantarillas para contarnos as súas miserias e facer un número impresionante de malabares e acrobacias. Esa quinta edición da Festa do Circo foi unha homenaxe ás feiras de fenómenos, á parada dos mostros, un espectáculo escuro de degradación e horror, foi o noso Freak Show. Aquí podemos ver o número completo de Manu a unha soa cámara.

VIª Festa do Circo. Circo Global Sala Nasa, 2005

Os preparativos da VIª Festa do Circo colleunos a cada un nun punto do planeta: Italia, Arxentina, Brasil, Londres, Barcelona, Santiago. Así que non podía ser doutra maneira, ese ano a edición foi denominada Circo Global, unha crítica ás multinacionais, ao mundo corporativo das marcas, ao capitalismo globalizado que nos tocaba vivir.

VIIª Festa do Circo. Hincrible Circo Favuloso Sala Nasa, 2006

Esta séptima edición da Festa do Circo, foi o chamado Hincrible Circo Favuloso, no que se ficcionaba a historia da desastrosa carpa itinerante xestionada polos irmáns Pistas Castro, que ofrecían espectáculo decadente e ruinoso, cheo de calamidades e accidentes constantes.

VIIIª Festa do Circo. Circo TV. Sala Nasa, 2007

Esta oitava edición da Festa do Circo adicouse ao mundo televisivo, informativos, programas do corazón, directos, circomanía, anuncios publicitarios, as mamacirco, e coma sempre, o Circo TV tivo moita retranca, música en directo e fantásticos números de circo.

IX Festa do Circo, Circo Mafia. Sala Nasa, 2008

Esta novena edición da Festa do Circo levounos ao casino de Don Sito Circoleone, un antro onde todo tipo de mafias fan os seus negocios, incluídas a Igrexa Católica e a SGAE.

bottom of page