top of page
  • Icône Facebook noire
BASE_Mesa de trabajo 1.jpg
1º Premios Manu Lago.png
PREMIOS NOVO CIRCO GALEGO
MANU LAGO 2025
4portada_Mesa de trabajo 1.jpg

Dende hai anos existía a necesidade de realizar un evento que convocase ao sector do Novo Circo Galego, que servise para recoñecer o esforzo das súas profesionais e que funcionase como escaparate para promocionar a calidade das súas propostas.
O ano pasado, a APCG veu cubrir ese valeiro creando a primeira edición dos Premios Manu Lago, uns galardóns específicos para o Novo Circo Galego, que este ano lanzan a súa segunda edición.

MANUEL LAGO

Os Premios de Novo Circo Galego Manu Lago honran a memoria do pallaso e malabarista Manuel Lago García, un dos artistas que máis fixo pola consolidación do Novo Circo no noso país, tristemente falecido en 2017.

Logo_AGADIC_AZUL.jpg
COLABORAN:
DepCor_horiz-01.png
pagina_directorio_Mesa de trabajo 1.jpg
CATEGORÍAS

Nesta segunda edición de 2025 recoñeceranse as tres seguintes categorías:

  • Premio “Manu Lago” ao Mellor Espectáculo de Rúa:
    Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de rúa.

  • Premio “Manu Lago” ao Mellor Espectáculo de Sala:
    Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de sala.

  • Premio “Manu Lago” de Recoñecemento ao Novo Circo Galego:
    Outorgado a algunha artista, compañía, entidade ou persoa para recoñecer a súa labor na visibilización, promoción e difusión do NCG.

GALARDÓNS

Cada unha das tres categorías será premiada cunha estatuíña que lembre a figura do artista de circo Manuel Lago, realizada polo artista plástico Jose Perozo. Todas as finalistas recibirán un diploma acreditativo asinado pola directiva da APCG.

CONVOCATORIA

A convocatoria para a presentación de solicitudes para optar aos Premios de Rúa e de Sala estará aberta a todas as artistas e compañías de circo galegas ou afincadas en Galicia que queiran presentar as súas candidaturas.
Publicaranse as bases, os procedementos e o formulario para realizar o rexistro de candidaturas na páxina web da APCG, e realizarase unha ampla difusión desta convocatoria vía redes sociais e mailing para que chegue ao maior número de interesadas posible.  

Inscribe aqui o teu espectáculo

Para o Premio de Recoñecemento, farase unha consulta ás socias da APCG, e despois serán debatidas as opcións entre a Comisión de Premios e a directiva da APCG para facer unha lista de candidaturas finalistas.

ENTREGA

A entrega de premios realizarase nunha gala denominada Circo de Inverno, o 30 de novembro de 2025, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Será un evento no que se contratará un equipo de dirección artística e de produción, así como un elenco de artistas, para realizar un espectáculo creado especificamente para a ocasión, no que se fará entrega dos devanditos premios.

bottom of page