

A APCG ten coma obxectivo claro a prol do sector traballar por un lado, analizando as necesidades do circo e conseguir melloras cualitativas para os profesionais do sector en Galicia e un mellor recoñecemento público, e, por outro lado, proporcionar regularmente a tódolos asociados e asociadas información de actualidade para o exercicio da súa profesión.
Neste senso, as socias e socios se beneficiarán da difusión e promoción do circo no seu territorio.
Asimesmo, a APCG traballa tamén para a mellora do circuito en rede en Galicia e asociándose se fomenta a mellora das relacións e conexións entre os diferentes planos que conforman o Circo: artistas, creadores, productores, escolas, salas de exhibición, espazos de residencias, festivais, etc.
Así, o que entra a formar parte da APCG, benefíciase directamente de:
-
A conexión e visibilidade perante as institucións
- Información da actividade circense galega e tamén de Circored (Federación das Asociacións Profesionais de Circo de Galicia)
-
Información sobre concursos, bolsas, subvencións, en Galicia e a nivel estatal
-
Asesoramento legal perante situacións na que as poida precisar
-
Descontos nas diferentes actividades de formación que organice a propia asociación ou outras que organicen outras empresas do sector
-
Descontos en material de Circo en diferentes tendas de Circo
-
Descontos nalgunhas das programacións circenses de festivais ou encontros que se fan no territorio galego