XUNTA DIRECTIVA
A actual Xunta Directiva está conformada por: Isaac Rodríguez (Presidente), Raquel Oitavén (Secretaria), Marta Iglesias Vogal), Inma Ricoy (Vicepresidenta) e Iván Casanova (Tesoureiro). Deron o relevo en 2023 á anterior Xunta, que estaba composta por Belém Brandido, Isaac Rodríguez, Greta Marí, Marta Iglesias, Inma Ricoy e Beatriz Rubio.
Os membros e membras da Xunta se reunen cunha periodicidade mensual para traballar sobre as liñas estratéxicas da APCG, debater sobre os posicionamentos da asociación perante as políticas do Circo e impulsar novas propostas de mellora do sector, entre outros puntos.
A Xunta Directiva ten as seguintes atribucións:
-
Programar e dirixir as actividades asociativas.
-
Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
-
Someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anaual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
-
Convocar e fixar a data da Asamblea Xeral.
-
Proponerlle a Asamblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para asociados.
-
Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
-
Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral.
-
Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
-
Propoñer o plan de actividades da asociación á Asamblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
-
Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
-
Aquelas que non veñan atribuidas expresamente a outro órgano da asociación.