top of page
BASE GRIS_Mesa de trabajo 1.jpg

A Asociación Profesional de Circo de Galicia é a asociación que representa ós profesionais do novo Circo galego na nosa terra. Nace no ano 2011 co obxectivo de aunar o sector do circo na comunidade, proporcionando un organismo que axude na interlocución cos organismos públicos, que sirva para aglutinar a tódolos profesionais (creadores, artistas, xestores, productores, distribuidores, programadores, públicos, alumnos, etc.) e darlle unha identidade propia ó sector do circo en Galicia recoñecendo e potenciando esta arte escénica coma chave para a cultura, coma arte singular e diversa e como un Ben de Interés Público presente na vida cultural, social educativa e económica en Galicia.

 

A Asociación de Profesionais de Circo de Galicia entende o circo cunha visión o máis aberta posible, en todas as súas variantes e en toda a súa evolución histórica.

 

A finalidade da APCG é divulgar, visibilizar e normalizar o Circo na Cultura en Galicia e coma arte escénica fundamental, para facer medrar a profesión e fomentar unha maior presencia do circo na cultura e na sociedade do noso país.

CIRCO_1OK-azul.png
bottom of page