top of page
5_Mesa de trabajo 1.jpg
4portada_Mesa de trabajo 1.jpg

Un dos obxectivos que a APCG pretende lograr a medio prazo e que xa na última década se está traballando é asentar a formación circense no Ensino Público. Ó igual que pasa noutras artes escénicas, a necesidade de educar persoas a través das mesmas e, concretamente, a través do CIRCO é vital e os beneficios para xerar sociedades mellores son múltiples. 

 

O circo, está máis que demostrado, aporta valores educativos, recreativos e sociais e a través da formación nesta arte se favorece o desenvolvemento físico e personal dos nen@s e os/as moz@s.

O coñecemento do propio corpo, a expresión corporal, a psicomotricidade, o equilibrio, a coordinación, a creatividade, a autosuperación, a autoestima e o traballo en equipo. Todo isto aparece na formación en Circo. 

O Circo como espazo de aprendizaxe continuo. 

Actualmente adoitamos atoparnos coa presenza do circo en lugares nos que antes non eran tan frecuentes ou, incluso, nos que simplemente non aparecía. Así, escolas, clubes deportivos, ximnasios, proxectos sociais, súmanse ós centros circenses promocionando unha “nova” condición social para esta arte, na que experimentar e vivenciar é posible, máis alá de únicamente aprecialo como espectáculo.

Unha educación en Circo contribue a facer sociedades cun maior equilibrio.

bottom of page