Iván Casanova é un artista multidisciplinar, cunha enorme plasticidade facial, que gusta dotar aos seus espectáculos de significado e expresarse a través de diferentes técnicas.
Aprendiz de todo e mestre de nada, despois de toda unha vida facendo o pallaso decide dedicarse a iso profesionalmente e en exclusiva en 2018 co-fundando a compañía Cirkompacto.
Fórmase na pedagoxía do Clown de Michelle Dallaire, é membro da Escola de ximnasia da UDC. Foi alumno do Centro de Artes Acrobáticas de Fedriani e a escola de Circo 9, considérase unha persoa en constante aprendizaxe.
Amante da música desde moi pequeno, toca o teclado, ventos e diferentes instrumentos de corda.
Aproveita tamén os coñecementos que ten como antigo traballador do metal e friki da robótica para crear escenografías propias ou por encargo.