top of page
CIA IO
CÍA. IO
Cía iO é unha compañía de novo circo que nace da man de Álvaro Perez e Álvaro Reboredo “Fitinho” en 2016 coa estrea do seu primeiro espectáculo “Contiguo”; peza onde a investigación das técnicas de circo como a roda cyr e a corda aérea son chave para falarnos das relacións humanas e da amizade. Reciben o primeiro premio OFF Circada a mellor espectáculo de rúa en 2017.
En 2018 entra Beatriz Rubio a formar parte tamén da compañía, onde tamén comezará un interese pola compañía en traballar desde unha linguaxe circenses máis vinculada á danza contemporánea. Así van estrear dous novos espectáculos: “Catro[4”]Segundos” (2018) co que levarán o premio do FETEGA e “ESPIDA” (2020)
bottom of page